A Sala Karma acolle mañá o segundo concerto de Galegote rock

62

A Concellaría de Normalización Lingüística e de Xuventude organiza en colaboración coa sala Karma "Galegote rock", un programa de concertos de bandas galegas co que se pretende levar a normalización lingüística aos mozos "que é a franxa de idade máis difícil de chegar dende o punto de vista das institucións", segundo explicou o concelleiro Demetrio Gómez.

Galegote rock continúa mañá coas actuacións na Sala Karma a cargo de Ruxe Ruxe (www.ruxeruxe.com). A apertura da sala será ás 22.00 horas para iniciar o concerto ás 22.30 horas. O prezo de entrada en billeteira é de 6 euros.
 

COMPARTIR