Normalización e Cinebox colaboran no programa Cine en galego

79

A Concellaría de Normalización Lingüística presentou esta mañá o programa Cine en galego que se desenvolverá nas vindeiras semanas nas salas de cine da cidade e tamén no Teatro Principal, no eido da programación Maio, mes da lingua.

Demetrio Gómez destacou o compromiso firme de Cinebox Vialia “coa lingua”.

A programación é a seguinte:

• Cinebox Vialia
o Vilamor:
• Estrea: venres 20 de abril. Estarán presentes o director Ignacio Vilar e os actores protagonistas, Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez. Ás 19.30 h haberá unha breve presentación por parte de director e actores protagonistas de cara os asistentes. Ás 19.45h comezará o pase de Vilamor.
• Pases
• de luns a domingo ás 17.15 h, 19.45h, 22.15 h
• venres e sábados ás 00.40 h, a maiores.
• Sinopse: Ano 1976, Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade.

o Tamén a chuvia
• Pases: mércores 3, 10 e 17 de maio
• Hora:  22 horas
• Lugar: Cinebox Vialia Pontevedra
• Dentro da programación de Maio, Mes da Lingua. Prezo da entrada: 5 euros. Haberá vales de desconto que se repartirán nos comercios e empresas que participan na campaña Proba en galego ou no SNL do Concello de Pontevedera Tel. 986100185, ext. 7040. Máis información en probaengalego.blogaliza.org
• Nesta película, dirixida por Icíar Bollaín en Galicia no 2010, 500 anos despois de Colón, paus e pedras enfróntanse de novo ao aceiro e á pólvora dun exército moderno. Só que esta vez non loitan polo ouro, senón polo máis simple dos elementos vitais: a auga. Pasado e presente, ficción e realidade, mestúranse e collen forma a través das decisións e do enfrontamento entre dous homes novos cuxas conciencias os guiarán ata onde nunca imaxinaran.

o  Engurras
• Pases: xoves 17 de maio
• Hora:  17 e 19 horas
• Lugar: Cinebox Vialia Pontevedra
• Dentro da programación de Maio, Mes da Lingua. Prezo da entrada: 5 euros. Haberá vales de desconto que se repartirán nos comercios e empresas que participan na campaña Proba en galego ou no SNL do Concello de Pontevedera Tel. 986100185, ext. 7040. Máis información en probaengalego.blogaliza.org
• Esta pelicula de animación, realizada en Galicia no 2011, narra a amizade entre Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico. Emilio, que chega á residencia nun estado inicial de alzheimer recibe a axuda de Miguel e outros compañeiros para non rematar na planta superior da residencia, o temido piso dos asistidos que é como chaman alí aos desafiuzados. O seu aloucado plan tingue de comediae tenrura o pesado día a día da residencia porque aínda que para moitosas súas vidas acabaran, eles comeza nunha nova.

• Teatro Principal
o Pa negre
• Pase: mércores 9 de maio
• Hora: 21 horas
• Lugar: Teatro Principal
• Entrada de balde. Presentación a cargo de Eduard del Castillo. Incluída dentro de Maio, mes da lingua. Colabora Cineclub Pontevedra.
• Nos crus anos da posguerra rural en Catalunya, Andreu, un neno que pertence ao bando dos perdedores, encontra un día no bosque os cadáveres dun home e o seu fillo. As autoridades queren cargarlle o morto ao seu pai pero el, para axudalo, intenta descubrir quen os matou. Nese percorrido, prodúcese en Andreu o espertar dunha conciencia moral fronte a un mundo de adultos alimentado polas mentiras. Para sobrevivir, traizoa as súas propias raíces e acaba descubrindo o monstro que habita nel. Esta película foi galardoada con premios tan importantes como nove Goyas e o Óscar á mellor película de fala estranxeira.

o  Vikingland
• Pase: martes 22 de maio
• Hora: 21 horas
• Lugar: Teatro Principal
• Entrada de balde. Presentación a cargo de Xurxo Chirro e Beli Martínez. Incluída dentro de Maio, mes da lingua. Colabora Cineclub Pontevedra.
• Xurxo Chirro gañou este ano o primeiro premio no Play-Doc Festival Internacional de Documentales de Tui, con esta fermosa historia sobre a emigración galega no Norte de Europa. Nela, mariñeiros galegos traballan nun transbordador entre a cidade danesa de Romo e a illa alemá de Sylt. Un deles compra unha videocámara e comeza a gravar a súa vida cotiá e a dos seus compañeiros en inumerables travesías no medio dun cada vez duro inverno.

o A pedra do lobo
• Pase: xoves 31 de maio
• Hora:  21 horas
• Lugar: Teatro Principal
• Entrada de balde. Presentación a cargo de Alberte Pagán. Coloquio ao remate da proxección. Incluída dentro de Maio, mes da lingua. Colabora Cineclub Pontevedra.
• Alberte Pagán, quen dirixiu esta película no 2010, di dela "A natureza é cruel. A vida é cruel. Unha estúpida carreira para escaparmos da morte, unha máis estúpida fuxida cara á morte. Unha selva de sentimentos. Na selva non hai perspectiva, non hai liñas rectas, non hai perpendiculares nin horizontalidade: só unha masa de órganos e exuberancia. Vida cruel. O son da morte. A música da morte. Nada é verdade".