Vén participar este domingo na IV Pedalada!

47

Debido ás previsións meteorolóxicas para a fin de semana, a Concellaría de Mobilidade acordou pospoñer para máis adiante (as datas comunicaránse oportunamente) a Mostra da bici urbana prevista para esta fin de semana, o sábado 21 e o domingo 22 de abril no Paseo de Montero Ríos.

As previsións de mal tempo fixeron que a Concellaría acordarse trasladar a outra data esta exposición que ía acompañada de actividades ao aire libre: obradoiros de reparación de bicis, exhibición de bicis antigas…, que con mal tempo non se poderán organizar con garantías.

A Concellaría de Mobilidade si mantén a Pedalada prevista para o domingo, 21 de abril, co horario inicialmente previsto:

-Saída desde Paseo de Montero Ríos ás 11 horas
-Percorrido por beiramar ata o complexo de Celulosas, que servirá para reivindicar a rexeneración deste espazo e a conexión peonil e en bici entre Mollavao e Os Praceres.    
-Volta pola autovía e a Avda de Marín á cidade.
-Percorrido urbano por Campolongo e o centro da cidade.    
-Remate no Paseo de Montero Ríos onde haberá un avituallamento aos participantes. Adxúntase plano co percorrido.

A lonxitude do percorrido é duns 6 km e a previsión é que se superen o número de participantes de edicións pasadas. Os participantes recibirán ao final un tentempé a base de froita, galletas e auga.

Esta actividade está promovida pola Concellaría de Mobilidade e coordinada pola Policía Local de Pontevedra. No dispositivo participarán tamén efectivos de Protección Civil e dúas ambulancias con persoal médico. A organización recomenda que os asistentes vaian provistos de casco xa que o percorrido discorre por vías interurbanas, nas que é obrigatorio o uso deste complemento.

Tamén dentro desta programación de fomento do uso da bici, o martes 24 de abril o experto e consultor, Alfonso Sanz, autor entre outras obras de referencia dos libros Calmar el tráfico e La bicicleta en la ciudad pronunciará unha conferencia sobre mobilidade sustentábel na Casa das Campás dirixida a entidades veciñais e persoas interesadas na materia.