Todo listo para a inauguración da Ponte das Correntes

75

O Concello de Pontevedra recibirá mañá ao presidente da Xunta, á presidenta da Parlamento galego, ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ao delegado do Goberno e ao presidente da Deputación para a inauguración da Ponte das Correntes, nun acto oficial que coordina directamente o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.

O acto oficial comezará ás 17.30 horas no extremo máis próximo á avenida de Uruguai no que intervirán o concelleiro de Infraestuturas, César Mosquera, o conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o delegado do Goberno, Samuel Juárez, o presidente da Xunta, Alberto Núñez e o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. Entre as intervencións das autoridades está previsto unha breve actuación das nenas do grupo de danza de Débora Alfaya.

A continuación farase a botadura dos dous barcos de papel da Asociación Taburete no 1º Intento de travesía do Lérez en barco de papel.

Tamén están previstos concertos da Banda de Música de Pontevedra e do Seminario permanente de Jazz, así como o concerto interactivo Visións sonoras sobre o Lérez, neste caso xa ás 23.00 horas na praza do Teucro.