Homenaxe aos fegreses de Santa María soterrados no cemiterio medieval

48

A Concellaría de Patrimonio Histórico, que dirixe Luís Bará, en colaboración coa asociación de veciños e coa parroquia de Santa María, organizan este xoves, 28 de xuño, a partir das 20.00 horas o descubrimento dunha inscrición en lembranza dos fregueses da parroquia de Santa María que estaban soterrados no cemiterio medieval, e cuxos restos serán depositados no osario construído no laterial norte da igrexa. Este acto organízase con motivo do remate das obras de restauración do contorno da Basílica de Santa María.

Neste acto está previsto unha breve explicación sobre a relevancia histórica do achado por parte do arqueólogo municipal, así como as intervencións do alcalde, do párroco de Santa María e da presidenta da asociación de veciños, Pilar Señoráns.

Tamén está previsto un paseo pola zona de Santa María onde se fixeron recentemente a reparación da fonte de ferro fundido, o acondicionamento da zona verde, e mantemento do maceteiro de madeira. Asimesmo se realizaron traballos de mellora do pavimento no Eirado de Álvar Páez.