Últimas emerxencias en Redeaxuda

46

A Concellaría de Benestar Social Municipal convida aos veciños e veciñas de Pontevedra a que consulten as últimas urxencias da Redeaxuda:

A Fundación Meniños activou unha emerxencia de somier para cama de 90 e Calor e Café solicita un termo eléctrico de 200 litros horizontal.

Dende a Concellaría pídese aos veciños que acheguen -na medida das súas posibilidades-, aquelo do que dispoñan porque ademais de axudar ás persoas que máis dificultades están a atravesar nesta situación de crise, tamén se fomenta a reciclaxe e a protección do medio.

Redeaxuda pódese consultar en www.redeaxuda.com