Bos resultados de Redeaxuda aos oito meses da súa posta en marcha

40

Todo un éxito. Así valorou a concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces os oito primeiros meses de vida de Redeaxuda.com, a páxina web que permitiu abrir o mundo das asociacións que traballan no eido social á cidadanía e, ao mesmo tempo, polas en contacto.

Dende aquelas datas atendéronse 25 urxencias que se cubriron ao cen por cen, e moitas delas por duplicado como foi o caso dun termo de auga quente para ducha que foi dobremente abonado. Tamén se van atendendo as peticións concretas das asociacións como no caso de Rexurdir que solicitaba unha estantería e libros para crear unha pequena biblioteca, ou a donación da Policía Nacional de calzado deportivo incautado, logo de obter as pertinentes autorizacións xudiciais.

Outra das iniciativas de Redeaxuda.com que resultou todo un éxito foi o banco de libros, xa que os Servizos Sociais recibiron chamadas dende Madrid, San Sebastián… A concelleira Carmen Fouces agradeceu todas as axudas de fóra de Pontevedra, pero tamén instou a colaborar no entorno máis inmediato aos domicilios. Co Banco de libros a Concellaría poderá atender as necesidades de máis de 70 familias de Pontevedra.

Tamén obtivo moi bos resultados o protocolo polas olas de frío que se coordinan dende Redeaxuda e está pendente pór en marcha un espazo interno destinado aos profesionais.