Mellora do acceso ao núcleo da Canicouva

79

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a adxudicación provisional á empresa E. C. Casas do acondicionamento da estrada de acceso á parroquia da Canicouva dende a estrada de Ponte Sampaio o núcleo central da Canicouva. Suporá unha intervención integral na seguridade e accesibilidade da estrada principal da parroquia coa instalación de lombos, sinalización horizontal, vertical, canalizacións de servizos e de pluviais, reforma estrutural do firme…

Segundo informou hoxe o portavoz do Goberno, Raimundo González o orzamento é de 241.500 euros, cunha mellora de 25 metros lineais máis de obra.

Mantemento dos xardíns

Por outro lado, a Xunta de Goberno aprobou a contratación da Fundación para a discapacidade e emprego Xoán XXIII para o mantemento de certos xardíns na cidade (praza da Liberdade, Vialia…). Trátase, ademais, dun proxecto de inserción laboral para persoas con discapacidade.