A Devesa inaugura a súa nova biblioteca

77

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a concelleira delegada da parroquia de Alba, Pilar Comesaña e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro visitan esta tarde o Local social da Devesa para participar na inauguración da nova biblioteca. Trátase dun espazo acondicionado e dotado de mobiliario por parte do Concello que funcionará, dende mañá, como biblioteca de lectura e préstemo para os veciños do lugar.

A nova biblioteca é un espazo acondicionado a propósito dentro do Local Social que estará aberto aos veciños todos os días de catro a sete da tarde. Está pensado como centro de lectura pero tamén como servizo de préstemo para os veciños, que serán os encargados –a través da asociación- de manter esta biblioteca.

O alcalde fará entrega de varios lotes de libros para formar parte dos fondos desta nova biblioteca na Devesa.