ANUNCIO RELATIVO Á SUSPENSIÓN DE LICENZAS DE EDIFICACIÓN PARA USO DE FORNO CREMATORIO PARA INCINERACIÓN DE RESTOS HUMANOS NO SOLO URBANO, URBANIZABLE- RESIDENCIAL, SOLO DE NÚCLEO RURAL DO PXOU DO CONCELLO DE PONTEVEDRA E NAS PROXIMIDADES DAS ZONAS RESIDENCIAIS.

57

 

O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 22.11.2012 adoptou o seguinte acordo:

 

Primeiro.- Incoar procedemento para a modificación do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Pontevedra, aprobado por Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do 18/12/1989, no que atinxe á regulación e compatibilidade do uso de crematorio nas zonas residenciais de solo urbano, urbanizable e de solo de núcleo rural do vixente PXOU, e no seu contorno de influencia, para o que se remitirá certificación deste acordo á Oficina Técnica de Planeamento e Xestión urbanística, co fin de que se proceda á redacción do correspondente proxecto.

Segundo.- Acordar, de conformidade coa motivación e fundamentación prevista na proposta da Tenencia da Alcaldía do 15/11/2012, a suspensión facultativa e cautelar, polo prazo máximo de un ano a contar dende a publicación de anuncio no DOG, do procedemento de outorgamento de licenzas de edificación para novas edificacións ou instalacións destinadas ao uso de crematorio, incineradoras de cadáveres humanos ou restos de exhumación, en todo o solo urbano, urbanizable de uso residencial e solo de núcleo rural que se grafita nos planos de ordenación do vixente Plan Xeral e Ordenación Urbana, aprobado por Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do 18/12/1989, BOP de 02/02/1990, e nunha área de solo non urbanizable ou rústico, abranguida polos terreos que se inclúan nunha liña poligonal paralela e situada a 500 metros liñais da delimitación do solo de núcleo rural, e dos límites dos solos urbano e urbanizable-residencial definidos no PXOU, agás en zonas industriais específicas nas que se admitan expresamente actividades clasificadas como insalubres nocivas e perigosas, nos cemiterios existentes nesas categorías de solo e nos centros hospitalarios debidamente autorizados, co fin de estudar a reforma ou modificación da regulación contida na normativa do vixente PXOU, para regular concretamente uso de crematorio en ámbitos residenciais.

Terceiro.- Publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia, no BOP, nun dos xornais de maior difusión da provincia no taboleiro de editos do Concello e na web http//:www.pontevedra.eu.

Cuarto.- Notificar o presente acordo aos peticionarios de licenzas solicitadas con anterioridade á publicación da suspensión, para o uso de crematorio nas zonas referidas, advertíndolles que terán dereito a seren indemnizados no seu caso, do custo oficial dos proxectos e á devolución, se é o caso, dos tributos municipais, sempre que o seu outorgamento non sexa posible por resultar incompatible coa nova ordenación que se estableza, quedando en suspenso o dereito a esixir a indemnización ou devolución ata que a aprobación definitiva da modificación do PXOU demostre a incompatibilidade do proxecto coas novas determinacións urbanísticas, agás que se retire a solicitude, suposto no que se devolverán as taxas satisfeitas, e sen prexuízo de que se poda interesar, no seu caso, a continuación da tramitación das solicitudes de licenza de edificación para o uso de tanatorio sen crematorio.

 

Contra o presente acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso -administrativo ante o Xulgado competente deste orde de Pontevedra, nos 2 meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación (arts 46 e 14 da Lei 29/1998). Non obstante, potestativamente, poderá interporse recurso de reposición ante o órgano autor desta resolución, no prazo de 1 mes, contado desde o día seguinte ao da presente notificación (art. 117 da Lei 30/1992). Isto sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que estime e sexa conforme a Dereito.

O recurso de reposición deberase resolver e notificar no prazo dun mes, entendéndose desestimado polo transcurso de dito prazo sen resolución expresa e notificada (arts 117 e 43.2 da Lei 30/92). Neste caso poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses contados dende o día seguinte de aquel no que deba entenderse presuntamente desestimado (art. 46.1 e 4 da Lei 29/1998).

 

Pontevedra, 28 de novembro de 2012

O Secretario Xeral do Pleno,

 

 

 

José Luis Mato Rodríguez