Descende o nivel do Lérez

75

Aínda que o Concello de Pontevedra mantén a alerta de todos os seus servizos de emerxencias e brigadas municipais polas condicións meteorolóxicas adversas, parece pasada a alerta que saltaba esta mañá polo posible asolagamento da estación de bombeo situado a carón do río Lérez, en Monte Porreiro. O concelleiro responsable do Ciclo da auga, Raimundo González estivo boa parte da mañá cos servizos técnicos municipais de augas, que xestiona a empresa concesionaria Aquagest, seguindo o comportamento do Lérez e estudiando solucións futuribles ás posibles incidencias que puidera ter o abastecemento á cidade.

A este momento, e seguindo as previsións de precipitacións das vindeiras horas e incluso días, pódese dicir que a alerta pasou, xa que o nivel do río Lérez comezou a descender arredor das dúas da tarde.

Como se pode observar no gráfico, o nivel pasou en escasas horas dos dous metros e medio, aproximadamente, a case os seis metros. Chegou, incluso a entrar nas casetas onde se atopan as bombas de auga da planta, pero non chegou até a maquinaria que se atopa a case un metro de altura da rasante da estrada.

A empresa concesionaria de augas segue controlando o nivel do río, que se fará detidamente nas vindeiras horas, e o concelleiro dispón de información puntual de todas as incidencias que se poidan producir.