As obras de emerxencia amplíanse con 40.000 euros

80

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá ampliar o ámbito das obras de emerxencia á parte da avenida de Vigo, á rúa Mariscal Pardo de Cela, a rúa Sagasta e á Glorieta de Compostela. A ampliación destas obras terá unha contía de 39.500 euros, que se vén a sumar á contía de máis de 122.000 euros aprobadas a primeiros de mes.

Estas obras pretenden subsanar problemas en lousas e lastros de espazos peonís da cidade que se viron moi danados cos temporais e as fortes chuvias do pasado mes de decembro. Este "plan de choque" está pensado para a conservación e mantemento de espazos e vías urbanas danados cos últimos temporais e que comportan un risco para os peóns como caídas e accedentes.

 

Nestas obras acométese a mellora dos arredores do Colexio Froebel (rúa da Barca, Rotonda Concepción Arenal, Ferreiros…); a porta de Travancas; o cruzamento da Audiencia; a rúa Peregrina, entre Daniel de la Sota e a fonte dos nenos; a avenida de Vigo; a zona comercial de Loureiro Crespo, Sagasta, Benito Corbal, Castelao…; Padre Luís, Santa María, Arcebispo Malvar…

O custe da primeira parte das obras é de 122.000 euros, que se complementará con esta segunda partida de case 40.000 euros.