Máis de 240.000 para o mantemento dos espazos públicos no rural

78

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación do contrato de mantemento de vías públicas no rural á empresa E.C.Casas por valor de 241.980 euros. Segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González, trátase dun contrato por un ano de duración e que ter por obxecto acometer pequenos arranxos e obras no rural co propósito de prolongar a vida útil dos bens publicos. 

Entran dentro deste contrato: bacheos, refacer muros caídos, facer canaletas de pluviais…