FEST! o certame de bandas do Local

65

O Local de Música, pertencente ao Departamento de Xuventude do Concello de Pontevedra organiza o concurso para promover a escena musical emerxente. Busca poñer en valor a creación musical de base organizando un evento nun espazo emblemático da cidade como é o Teatro Principal.

Os obxectivos principais son:

 

  • Presentar á comunidade unha mostra da escena musical independente nun espazo emblemático e representativo da cidade.
  • Ofrecer aos grupos noveis oportunidades para darse a coñecer e desenvolver a súa carreira artística.
  • Ofrecer aos grupos participantes a oportunidade de conseguir un material audiovisual especial e relevante que apoie á súa estratexia promocional.

O concurso consiste nun concerto que se celebrará o 23 de marzo de 2013 no Teatro Principal. Oito grupos seleccionados previamente por un xurado cualificado e representativo, farán unha actuación breve para mostrar o seu espectáculo.

Un xurado concederá un dos premios que consiste na gravación dun videoclip cunha produtora audiovisual por valor de 1000€.

O público asistente votará e concederá outro premio, que consistirá nunha actuación remunerada na cidade. O festival pecharase cunha actuación dun grupo convidado.

 

DATAS e FASES.

Inscrición. Do 4 de febreiro ao 4 de marzo de 2013 ás 22:00h.
Seleccion do xurado: 9 de marzo de 2013.
Concurso: 23 de marzo de 2013
Como información chave para preselección do xurado, haberá que presentar:

 

  • Reseña do grupo e traxectoria, traballos,…
  • Un enlace a un video onde o grupo interpreta unha canción nun ensaio.
  • Como información complementaria poderán poñerse outros enlaces de interese: redes sociais, web,…

Máis información en localdemusicapontevedra.nos.gl

Ver documento PDF