O Centro de Educación Pernanente de Adultos expón Os traballos de Xaquín Lourenzo

59

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer de balde exposicións que teñen como fin promover a normalización da lingua galega mediante o coñecemento e a reflexión sobre distintos aspectos da nosa realidade e de persoeiros senlleiros para a historia da lingua galega.
Neste caso, os alumnos e alumnas do Centro EPA Río Lérez farán un percorrido pola vida e a obra do autor, grazas a esta exposición que recolle os seus estudos e traballos etnográficos, así como a súa obra O Tardo.
A mostra, formada por 17 paneis de 70x100cm, en papel semifotográfico, enmarcados en aluminio, poderá visitarse no centro do 11 ao 28 de febreiro
As exposicións da Concellaría de Normalización Lingüística, están á disposición de calquera colectivo que as solicite: centros educativos, asociacións e outras entidades interesadas na dinamización e promoción do uso do idioma galego.