Obras de saneamento e melloras no lugar de Mourente

58

O concelleiro delegado da parroquia de Mourente, Miguel Filgueira mantén esta tarde unha reunión cos veciños do lugar de Mourente, da mesma parroquia para informarlle das obras de saneamento que o Concello está a executar no lugar, pero tamén para explicarlles os traballos parelos de mellora que se farán aproveitando as obras de saneamento.
Trátase de facer a recollida de augas pluvias no lugar así como incrementar o viario asfaltando os sobreanchos do viario u repoñer algúns muros caídos e que permitirán dar máis seguridade a peóns e condutores do lugar.