Lores: Este premio é de todos os pontevedreses

64

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores fixo esta mañá balance do premio Intermodes que recoñeceu o modelo de cidade de Pontevedra a través do pleno Metrominuto. Destacou a trascendencia que o premio está a ter "está a pór a Pontevedra no mapa e é referente para moita xente que está a manter un debate mundial de como hai que facer as cidades para que sexan máis habitables máis vivibles".

Destacou o alcalde que este premio tamén demostra que "estamos na liña correcta das tendencias europeas de por onde van ir as cidades de cara ao futuro: que a aspiración de moitas cidades é esta. Até o de agora as cidades se construían pensando nos coches dos cidadáns".

Tamén fixo fincapé "na sorpresa de moita xente de como conseguimos isto. Non é nada fácil. Hai que tomar decisións que non son populares, pero esa é a nosa responsabilidade".

"Este premio é de todos os pontevedreses, pola comprensión dunha amplísima maioría que entenden este modelo e o respectan, e nos trasmite confianza no que somos. Está claro que é un premio de todos, porque se non fose así non sería posible levar adiante este modelo", concluíu Fernández Lores.