Os rapaces dos colexios de Pontevedra aprenden a elaborar disfraces de Entroido

71

Un obradoiro de gorros a partir de láminas de gomaespuma deu comezo ás dúas xornadas que os rapaces dos colexios públicos de Pontevedra dedicarán á elaboración de disfraces.
A actividade, na que participan 42 nenos e nenas de 3 a 12 anos de todos os centros de Pontevedra, está organizada conxuntamente pola Concellería de Educación e a Federación de Asociacións de Nais e Pais (Fanpa-Pontevedra).
O concelleiro, Agustín Fernández, visitou o obradoiro, que se está a desenvolver na sede da Fanpa (antiguo Conservatorio). Concluíu hoxe coa elaboración dos disfraces con materiais alternativos.
A actividade é completamente gratuíta.

COMPARTIR