Visita ao monte comunal de Salcedo

61

O monte de Salcedo acollerá este domingo, 21 de abril, a I saída pola parroquia de Salcedo organizada pola Comunidade de Montes en colaboración co Concello para dar a coñecer o seu valor forestal, paisaxístico, patrimonial tanto arqueolóxico como etnográfico, entre outros, unha visita amabel aberta a toda a cidadanía.

O punto de encontro será o lugar da Armada a partir das 09.30 horaspara coñecer os traballos de recuperación de varias hectáreas con novas plantacións, eliminación de especies invasoras. Tamén visitarán os petroglifos do Chan das Mouras e os Muíños do Batán. Unha andaina duns dous quilómetros que se prolongará até ás 13.30 horas, aproximadamente, polo que haberá un ágape para os máis pequenos que acudan á visita consistente en auga e froita.