Unhas xornadas estudan a creación dunha denominación para os viños de Pontevedra

70

O CEIP Cabanas, en Salcedo, acolle esta fin de semana, os días 3 e 4 de maio, unhas xornadas sobre “A creación dunha denominación de calidade para os viños de Pontevedra”, a segunda dun ciclo que comezaron este mes de abril na parroquia de Verducido.

O Concello colabora coa Asociación galega de viticultores e a Federación rural galega nestas xornadas que comezarán o día 3, ás 20.00 horas, e o día 4 ás 19.30 horas. Durante estas dúas sesións haberá unha cata de viños comentada.

As persoas interesadas deberán inscribirse (gratuitamente) no mesmo lugar das xornadas.

COMPARTIR