O IES Sánchez Cantón na fase galega do Club de Debate que se celebra mañá en Santiago

85

O concello de Pontevedra estará representado esta fin de semana na fase galega do Club de Debate polo equipo gañador na pasada fase de Pontevedra: o IES Sánchez Cantón. O concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez, asistirá mañá a partir das 10.00 horas no Auditorio de Galicia a esta fase final que debatirá sobre “O galego é unha oportunidade”.
Nesta fase final participarán:
• Comarca de Santiago: CPI Plurilingüe dos Dices-Rois
• Comarca de Ferrol: IES Saturnino Montojo
• Comarca de Pontevedra: IES Sánchez Cantón.
• Comarca de Ourense: CPR María Auxiliadora
• Comarca de Bergantiños: IES Parga Pondal
• Comarca de Vigo: IES Castelao

O equipo que logre o premio final terá a oportunidade de participar nunha viaxe-convivencia dunha fin de semana para un máximo de 25 persoas nun espazo de interese natural e cultural da nosa comunidade.
 

COMPARTIR