O Concello xa é propietario de 1/3 dos terreos para o desdobramento da avenida de Vigo

53

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a avenencia con varios propietarios para a construción do desdobramento da avenida de Vigo por valor de pouco máis de 200.000 euros. Neste momento, o Concello está en poder 1/3 dos terreos, e continúa as negociacións co resto de propietarios, aínda que a problemática dos terreos pendentes é diversa: algunha está no denominado Banco malo, outras son propiedades de empresas en concurso de acreedores; hai algúns casos con problemas nos títulos de propiedade, e incluso, algún terreo en conflicto de herdeiros.
Segundo informou o portavoz do Goberno, Raimundo González nesta avenencia chegouse a acordo coas parcelas 3 e 5 (637,36 metros cadrados por 91.650,64 euros), 11 (192 metros cadrados por 31.909,92 euros) e a parcela 14 (476,97 metros cadrados por 77.498,21 euros).
Segundo as previsións do Goberno, no mes de xuño poderá estar aprobado o proxecto de expropiación dos terreos e a final de ano todas as propiedades poderán estar a disposición do Concello.

COMPARTIR