Aprazada para o 28 de maio a festa de peche de Noites Abertas por mor do tempo

75

Debido ás malas previsións meteorolóxicas, a Concellaría de Xuventude e a organización de Noites Abertas acordou aprazar para o vindeiro sábado, 28 de maio, a festa de peche de Noites Abertas.
Decidiuse porque as actividades previstas para esta festa de peche obrigan a celebrala ao aire libre.
A pesar desta suspensión, si que se mantén as actividades do venres 17 de maio.

Venres, 17 de maio
Saída diante do Pavillón Municipal
• 09:20.00h Excursión skatepark de Oleiros
Froebel
• 21-23.30h Pintura Plakatstil
• 21-00.00h Xadrez: iniciación
• 21-00.00h Xadrez: partidas rápidas
• 22-00.00h Xoiería Quilling: colgante