María Sintes felicita a Pontevedra por recuperar a confianza social co seu modelo de cidade

85

O Concello de Pontevedra celebra esta tarde unha xornada informativa sobre os camiños escolares na que participará María Sintes, técnica do Centro de Estudios de Medio Ambiente do Ministerio de Medio Ambiente, que foi recibida polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores horas antes da xornada.

María Sintes felicitou a Pontevedra polo seu modelo de cidade, e explicou que o proxecto impulsado por ela de Cidades escolares pretendía chamar a atención dos xestores políticos e administrativos para dar entrada aos nenos nas cidades. "Aquí é a guinda do pastel. O proceso fíxose doutra maneira: reconquistar o espazo dos cidadáns, e unha vez que temos a cidade a diposición, introducir a confianza na xente en que a cidade coida do menor". Explicou que "en Pontevedra recuperouse a confianza social", e felicitou ao alcalde por "telo valor e asumir o conflicto que ía xurdir porque cambiar os parámetros sempre custa".

Tamén lanzou unha lanza cara o futuro: "Unha vez que o modelo é bo, haber quen se atrave a cambialo".