Posta a disposición de terreos municipais para Aquanorte

55

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a posta a disposición dos terreos municipais necesarios para a execución do proxecto de abastecemento a Pontevedra e á súa ría. Para a posta a disposición destes terreos, basicamente vías públicas, os técnicos municipais poñen até 21 condicionantes como a comunicación inicial das obras en cada tramo; como se teñen que facer os recheos; a necesidade do asfaltado das vías de menos de seis metros; ou o fresado e asfaltado dun dos carrís no caso de vías de máis de seis metros;…