Atopa o erro! Coñece aos seus gañadores

64

O Concello de Pontevedra acolleu esta mañá o sorteo dos premios do Concurso “Atopa o erro!” organizado polo Centro Comercial Urbano-Zona Monumental e a Concellaría de Normalización Lingüística, e incluído dentro da programación de Maio, mes da lingua. No sorteo que estiveron presentes o concelleiro Demetrio Gómez a o presidente de Zona Monumental, Miguel Lago.
Os gañadores foron:
Javier Veiga, de 6 anos
Priscila Cubero
No concurso propúñase atopar a palabra trabucada entre as que amosaban os comercios colaboradores, e indicar cal era a súa forma correcta así como o establecemento onde se atopaba o erro. Convocábanse dúas categorías: mozos (até 18 anos) e maiores (máis de 18 anos). Os premios consisten nunha bicicleta para os mozos e un circuíto spa para dúas persoas na categoría de maiores.

COMPARTIR