Reparación das beirarrúas e iluminación na urbanización de San Amaro

34

O Concello de Pontevedra inicia nestes días os traballos de reparación das deficiencias na urbanización da unidade de actuación número 12, na rúa San Amaro. Trátase de reparar afundimentos na beirarrúa e elementos de iluminación pública da urbanización realizada pola empresa promotora.
O Concello de Pontevedra esixiu á empresa a reparación da urbanización, dado que estaba en garantía. Deulle un prazo de tres meses de reparación de todos estes desperfectos. Tanscorrido o prazo e logo de non obter resposta por parte da promotora, o Concello acordou a execución subsidiaria da obra á costa da empresa.
Dado que a empresa recibiu todas as comunicacións correspondentes por parte do Concello, de non satisfacer as cantidades correspondentes, o Concello continuará o procedemento previsto nas normas reguladores da recadación por vía executiva.
A reparación están adxudicadas á empresa Abilleira CPA cun orzamento de 29.961,67 euros.