O Club de Fútbol de Salcedo organiza o primeiro Salcedo Sound Festival

78

A Sociedade Cultural Deportiva de Salcedo organiza este sábado, 8 de xuño, ás 19h no Campo de Fútbol do Casal o “Salcedo Sound Festival”, un festival musical de grupos pontevedreses que ten por fin recadar fondos para o club de fútbol da parroquia.
O presidente do Salcedo Club de Fútbol e representantes da Sociedade Cultural Deportiva de Salcedo manifestaron a urxente necesidade económica que atravesa o segundo club deportivo máis antigo da provincia. Para paliar esta situación e coa colaboración do Concello de Pontevedra, celebrase o festival “Salcedo Sound Festival”.
Os grupos convidados son Caldo de Cultivo, The Grave Dolls, Fosen, Chroma, Chapurrada, PDA, mestura dos estilos musicais blues, rock e metal.
Ademáis, os asistentes ao Festival poderán consumir comidas e bebidas nun posto acondicionado para a ocasión, con “prezos populares asequibles para todos”.

COMPARTIR