Melloras no barrio do Burgo na praza de Pasarón e proxectos na Santiña

65

O concelleiro delegado do barrio do Burgo, Luís Bará mantén esta tarde unha reunión con veciños do barrio para explicar os traballos de mellora e conservación que o Concello está a realizar na praza de Pasarón e manterá un encontro con residentes na Santiña para escoitar as dos veciños.
Na praza de Pasarón o Concello está acometendo labores de conservación e mantemento en toda a praza. Conservación de pavimentos, substitución e mellora do mobiliario (bancos, papeleiras…), mellora do valado exterior da fonte, ou traballos de conservaicón do céspedo son algunhas das melloras que se están a realizar.
Dende a Concellaría tamén se lle está tratando de buscar unha solución á auga da fonte da praza que non ten desagüe á rede. Mentres, fíxose un recambio da auga. E está previsto realizar arranxos na zona do parque infantil.
Ademais, escoitará as propostas dos veciños ao igual que na Santiña, onde o concelleiro xa estuda a mellora da sinalización viaria e a posible pavimentación da rúa.