Os obradoiros de inventos achéganse dende hoxe á figura de Leonardo da Vinci

34

Leonardo da Vinci toma o relevo a Galileo Galilei nos obradoiros sobre os inventos organizados pola concellaría de Festas. Nos obradoiros sobre Da Vinci, que se desenvolven hoxe e mañá, e tamén os días 5 e 6 de agosto, os nenos participantes achegaranse á figura do xenio universal e símbolo do home do Renacemento, e os seus innumerables inventos, precursores dos modernos carros de combate, helicópteros, paracaídas, ala delta, pontes, submarinos… Nos obradoiros tamén se estudará as proporcións do corpo humano co home de Vitrurio.
Este ciclo de obradoiros sobre os inventos está enmarcado dentro das actividades que a Concellaría de Festas está a organizar no marco da promoción e dinamización da Feira Franca. Faise en colaboración coa Concellaría de Patrimonio Histórico que escolleu o CITA para impartir estas xornadas científicas para nenos.
Logo de rematar cos obradoiros sobre Leonardo da Vinci, os obradoiros darán paso ás innovacións dos séculos XV e XVI:
• Innovacións dos séculos XV e XVI: Creación dos compás (brúxulas), a aparición dunha nova forma de comerciar e con ela os cheques e letras de cambio, as diversas fórmulas para tinguir os téxtis e as novas armas e formas de defensa. Os nenos e neas elaborarán diversos obxectos (compás, armas, téxtil, abalorios), e experimentarán con variadas técnicas. Impartirase os días 19, 20, 26 e 27 de agosto.
Son obradoiros de balde, pensados para nenos de 5 a 12 anos cun cupo de 15 prazas. Impartiranse os días sinalados de 10 a 12 horas.

COMPARTIR