FUNCIÓNS

83

Favorecer a participación das mulleres, tanto directamente como a través das asociacións e entidades que as representen, garantindo a súa participación nas políticas municipais relativas á igualdade entre mulleres e homes.

Fortalecer a posición social das mulleres, reforzando o seu protagonismo no deseño dunha sociedade máis igualitaria.

Contribuír ao recoñecemento do movemento das mulleres, defender os seus dereitos e promover a súa participación nos diferentes ámbitos da vida.

Fomentar a cooperación e colaboración entre as asociacións e demais entidades que levan a cabo actividades de promoción da igualdade de oportunidades e de trato entre mulleres e homes.

Ser interlocutor válido ante o Concello de Pontevedra e preferente ao resto dos órganos consultivos do ámbito municipal no referente aos asuntos da súa competencia.

Velar para que as políticas e servizos municipais garantan a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Velar para que a igualdade de oportunidades e de trato sexa efectiva e se aplique a todas as mulleres que sofren situacións

de especial vulnerabilidade ou desamparo, sexa pola súa orixe social, pertenza a unha minoría nacional, etnia, cultura,

idioma, discapacidade, relixión, idade, orientación sexual, opinión política ou calquera outro aspecto.