Benestar Social volve a ofertar un novo Curso de manipulador de alimentos

69

A Concellería de Benestar Social Municipal a través da programación da Casazul, programa un novo curso de Manipulador/a de alimentos dado a alta demanda dos veciños e das veciñas da cidade. Neste curso traballaránse as correctas prácticas de hixiene e manipulación en restauración.
O curso impartirase o luns, 30 de setembro, na Casazul en horario de 16.30 a 20.00 horas. A inscrición é de balde.
Os veciños e as veciñas interesados/as deben entregar a ficha de inscripción os días 24 e 25 de setembro no despacho 32 da Casazul, zona 3, en horario de 10.00 a 13.00 ou ben por email en casazul@pontevedra.eu Asemade, se pode descargar a ficha en www.pontevedra.eu
Xunto coa ficha de inscripción compre entregar nota xustificativa de empadroamento no Concello de Pontevedra, e documento de identidade.
Terase en conta a situación laboral e persoal dos/as interesados/as polo que poden aportar documentación como tarxeta de demandante de emprego, prestación social, usuaria do CIM, usuario de Benestar Social Municipal, menores a cargo ou discapacidade a cargo.
Máis información en 986 80 43 00 ext 7451