O Concello esixe unha reunión co Sergas para transferir a Unidade de drogodependencias

52

A concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces reiterou esta mañá a petición de entrevista coa Dirección xeral do Sergas e coa Consellería de Sanidade para que asuma a Unidade de atención a drogodependencias, situada na praza de Valentín García Escudero. A concelleira explicou que onte se celebrou unha reunión da Fegamp na que se tratou este tema e  na que se concluíu que a Consellería de Sanidade estaba moi satisfeita co funcionamento actual destas UAD.

Carmen Fouces lembrou que o convenio asinado entre o Concello e a Consellería obriga á administración local a achegar 8.000 euros ao ano e o mantemento das instalacións. Sen embargo, o pasado ano o investimento do Concello nesta unidade foi de 123.000 euros e a previsión para 2013 superará os 235.000 euros. 

"Esta situación ten un límite", afirmaba Carmen Fouces, quen esixe unha reunión cos responsables da Xunta antes de tomar unha decisión, xa que o posicionamento do Concello está claro: é un centro integramente sanitario e debe ser atendido polo Sergas, especialmente neste momento no que se está a falar das competencias impropias das administracións.