A exposición sobre Rosalía comeza o curso no IES de Cotobade

71

O pasado curso escolar a exposición Rosalía sempre viva.Viva Rosalía! foi unha das máis solicitadas polos centros de ensino, polo que moitos deles non puideron ter a mostra antes da chegada das vacacións de verán. Este foi o caso do IES de Cotobade que agora vai dispoñer da exposición desde o  25 de setembro ata o 9 de outubro.
A exposición é cedida pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra que dispón dela ata decembro, grazas á colaboración coa Fundación Manuel María.
A mostra está composta por 20 rollers nos que se fai unha explicación clara e sintética dos eventos biográficos e literarios fundamentais de Rosalía, e complétase cun material didáctico.