Zafarrancho na rúa San Amaro

49

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, organiza un novo zafarrancho no ámbito urbano da cidade. Farase a limpeza da rúa San Amaro, dende a rotonda de Xoán Carlos I até a rúa Ángel Limeses, en ámbalas dúas marxes.
A limpeza realizarase na madrugada do xoves.
Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores.
A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.

COMPARTIR