Fouces puxo aos Servizos Sociais a diposición do PP para coñecer a situación real do SAF

42

A Concellaría de Benestar Social Municipal, baixo a dirección de Carmen Fouces, quere saír ao paso das últimas mentiras verquidas polo grupo municipal do Partido Popular, nesta ocasión, ao respecto do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Trátase de mentiras e medias verdades perfectamente manipuladas para lavarlle á cara á Xunta coa que o Concello está a espera, dende o mes de maio, a que lle autorice incrementar en 6.000 horas o servizo, autorización sen a cal o Concello non pode actuar.
Carmen Fouces quere lembrar que a súa Concellaría iniciou varios expedientes de supervisión do traballo da empresa concesionaria do servizo, logo dun tempo de xestión, debido a que se trata dun servizo moi específico que ao facturar por horas é necesario o trancurso do tempo. Mentres o Concello executaba eses expedientes de supervisión, o Partido Popular deulle rango de denuncia ao que é un trámite meramente administrativo e de control por parte da administración (como se fai no resto de servizos e concesións).
Logo da desafortunada intervención pública do grupo da oposición, a Concellaría enviou unha carta ao Partido Popular poñendo o departamento de Servizos Sociais á súa disposición para que fosen recabar toda a información que considerasen oportuna. E do mesmo xeito informou aos equipos técnicos de Benestar Social do Chalé Fontoira.
Até o día de hoxe, tanto funcionarios como concelleira están á espera de que o Partido Popular se pase polo edificio a pedir algún tipo de dato tanto do SAF como de calquera outro servizo que ofrece Benestar Social, sempre salvagardando a Lei de protección de datos. A concelleira lles ofreceu, incluso si quixeran, que estivese ela presente para resolverlles calquera dúbida que os técnicos non puidesen atender.
A concelleira tamén lles insta a que empreguen o servizo de Contratación para informarse de primeira man, e así informen aos cidadáns, da situación na que se atopan os distintos expedientes de revisión abertos á empresa (por certo, Clece sempre se amosou reticente a resolver calquera disfunción que se tivera producido na execución do contrato).
Carmen Fouces quere resaltar que “probablemente o PP non ten ganas de facer público que os Servizos Sociais do Concello están esperando desde o mes de maio a que a Xunta autorice a aumentar o Servizo de Axuda no Fogar de dependencia en 6.000 horas, xa que é a Xunta a que ten que autorizalas porque as cofinancia”. Dado o ritmo de resolución, a concelleira se teme de que non se resolverán a petición até o ano 2014.
Carmen Fouces resalta que nin a Xunta de Galicia se atreve a acusar a ningún concello de Galiza no desenvolvemento do Servizo de Axuda no Fogar, “porque é consciente de que estamos a asumir moito máis do que nos corresponde, só o PP de Pontevedra ten semellante ocorrencia”.

COMPARTIR