Máis de 300 persoas participan este ano nos Cursos de memoria de Benestar Social

43

A concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces visita esta tarde distintos barrios e parroquias do concello para dar a bénvida ás persoas que participan nos Cursos de memoria que organiza a Concellaría en Marcón, Lérez, Ponte Sampaio, Bora, Salcedo, Estribela o Burgo, e por vez primeira no Centro Social Pontevedra Leste e en San Roque.
Todos os cursos de memoria impártense pola tarde, agás en San Roque que é pola mañá. Son arredor de 320 persoas as que participan todas as semanas nestes cursos que resultan todo un éxito polos beneficios que reportan a este sector da poboación.
A concelleira visitará esta tarde, ás 18.00 horas, o curso de Marcón; ás 19.00 horas o de Tomeza, e ás 19.35 horas o de Lérez.
Mañá, mércores, ás 17.00 horas visitará Ponte Sampaio. O xoves ás 17.00 horas será Estribela, e o venres ás 11.00 San Roque e ás 18.00 horas, Salcedo.