Os salóns de peitado súmanse a campaña de Nadal de Redeaxuda

49

A Concellaría de Benestar Social Municipal da, este ano, un chanzo máis na campaña de Nadal de Redeaxuda creando o monedeiro solidario. Trátase dunha iniciativa na que colaborarán as salas de peiteado do concello e que pretende dignificar a axuda que se lle entrega a estas persoas na época do Nadal.

Carmen Fouces indicou que o ano pasado recibíronse alimentos, xoguetes… que se canalizaron ás entidades colaboradoras de Redeaxuda a través da rede, "e repartiuse todos eses productos en función das directrices das asociacións". Ademais de manter a tradicional recepción e entrega de productos na época de Nadal, a Concellaría decidiu crear un monedeiro solidario coa colaboración das salas de peiteado do concello, no que as persoas que o desexen poderán deixar as cantidades que consideren oportunas.

Ao remate da campaña, eses cartos enviaranse a Redeaxuda, que previamente en colaboración coas entidades que a integran, seleccionarán un número de familias ás que se lle entregará esta axuda (terán prioridade familias con nenos pequenos, maiores, discapacitados). Pero non se lles entregarán cartos, senón que en colaboración cos supermercados Froiz (que fará prezos axeitados a esta campaña) entregaráselle unha cesta de productos frescos (non necesariamente de Nadal, senón froitas, peixe, carne…) dado que son os alimentos que este tipo de familias non consumen semanalmente de tal xeito que as familias poidan pasar o Nadal o mellor posible.

Carmen Fouces agradeceu a colaboración dos salóns de peiteado do concello en colaborar nesta campaña e destacou a importancia dun sector con cada vez máis negocios no concello, e polos que pasa un grande número de veciños durante o ano.

Ana Barros, presidenta da Asociación de peluquerías da provincia de Pontevedra, explicou que lles pareceu "unha idea fantástica que na directiva acollemos con moita ilusión e con futuro".

COMPARTIR