A hora lixeira

76

A Concellaría de Benestar Social Municipal, no marco do Plan municipal de condutas aditivas, recentemente aprobado polo pleno municipal, pon en marcha o programa Servizo Responsábel, en colaboración coa Femp e o Ministerio de Sanidad, que serán actividades de prevención do consumo de alcol entre xente máis nova.

O programa ten dúas partes:

A formativa é unha charla prevista para o 18 de novembro, de 11 a 14.00 horas, na Casazul aberta a toda a cidadanía pero pensada para propietarios de locais e á que tamén asistirá o alumnado do Carlos Oroza sobre a dispensación responsábel de bebidas alcólicas.

Tamén está prevista por en marcha "A hora lixeira" que será entre o 28 e o 30 de novembro co obxectivo de dar de balde durante unha hora cócteles e cervexas sen alcol e degustación de alimentos.

O programa está aberto a 8 locais no centro histórico.