Ampla e variada oferta de actividades lúdicas e dinamización na Zona Monumental

46

A Concellaría de Festas e a Asociación Zona Monumental organizan durante os meses de novembro e decembro unha variada e ampla oferta de actividades lúdicas e de dinamización do centro histórico pensadas para todos os públicos, especialmente para os nenos.
A concelleira de Festas, Carmen da Silva explicou que estas actividades lúdicas serán complementadas con outra programación festiva durante o mes de novembro e de decembro –vinculado ao Nadal-, promovida pola Concellaría de Festas, que se presentará nas vindeiras semanas.
As actividades propostas son:
• Sábado 9 de novembro: de 10 a 14 h e de 18.30 a 20.30 horas. Praza de Valentín Garcia Escudero, obradoiro Tece que Tece.
• Venres 15 de novembro: de 17.30 a 20.30 horas. Obradoiro de manualidades con follas secas. Praza da ferreria
• Sábado 16 de novembro: de 10 a 14 horas. Obradoiro de pan doces- Rúa Serra, fachada do mercado.
• Sábado 16 de novembro. De 17.30 a 20.30 horas.  Inchabéis e  xogos tradicionais. Rúa Serra, fachada do Mercado.
• Vernes 29 de novembro. De 17.30 a 20.30 horas. Obradoiro de Maché. Rúa San Román-praza da Ferraría.
• Sábado 30 de novembro. De 10.00 a 14.00  horas. Presentación de Mascotas. Rúa San Román.
• Sábado 30 de novembro. De 17.30 a 20.30 horas – Charla hixiene e coidado de Mascotas – Rúa San Román-Ferraría.
• Sábado 7 de decembro. De 10.00 a 14.00 horas – Obradoiro de Papiroflexia. Praza de Curros Enríquez.
• Sábado 7 de decembro. De 17.30 a 20.30 horas. Obradoiro Maché – Curros Enríquez.
• Domingo 8 de decembro. De 18.30 a 20.30 horas. Obradoiro Maché – Curros Enríquez.
• Venres 13 de decembro. De  16.30 a 18.30 horas . Inchábeis / Contaconto – Praza Méndez Núñez.
• Sábado 14 de decembro. De 18.30 a 20.30 horas – Inchábeis /  Contaconto – Praza Méndez Núñez.

COMPARTIR