Leds para A Seca e Ponte Sampaio

41

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o proxecto de mellora de eficiencia enerxética no barrio da Seca e na zona urbana da parroquia de Ponte Sampaio por un valor de 150.000 euros. Trátase de cambiar todas as luminarias destas dúas zonas urbanas por lámpadas leds que supoñen un aforro do 80% ao respecto das actuais, a maior parte de vapor de sodio, segundo informou esta mañá o portavoz do Goberno, Raimundo González Carballo.

Este é o segundo proxecto de mellora da eficiencia enerxética que aproba o Goberno Local neste mes logo de adxudicar á empresa Setga por un valor de 150.000 euros o cambio das luminarias por leds no barrio de Monte Porreiro, que foi o primeiro proxecto seleccionado polo Concello.