Inspección ás empresas que facturan máis dun millón de euros

79

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a contratación dunha asistencia técnica á empresa Noroeste Local Norloc S.L. para facer unha inspección das empresas que tributan o IAE. O acordo coa empresa é o cobro dun 16% do recadado (IVE incluído) até un total de 72.000 euros. Raimundo González, portavoz do Goberno e concelleiro de Economía e Facenda, explicou que a Deputación cóbralle o 20% aos concellos aos que lle fai a xestión a través do ORAL.

Raimundo González explicou que esta inspección obedece aos criterios de equidade e igualdade -"é de xustiza social"- na recadación dos impostos.

Tendo en conta que esta inspección non dará froitos até o ano tributario do 2014, dado que o proceso ten unha duración duns 6 ou 8 meses, a previsión de recadación é duns 500.000 euros.