29.000 euros para o albergue de Cáritas

66

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores asinou esta mañá o convenio de colaboración con Cáritas interparroquial para o mantemento do albergue de San Javier, no barrio de Monte Porreiro. O albergue ten cabida para unas 20 persoas e realiza unha función fundamental para as persoas sen teito. 

O convenio asinado este ano incrementa a contía dos 24.000 aos 29.000 euros.

A concelleira Carmen Fouces destacou "o esforzo do seu departamento para reforzar os convenios e amplialos, de tal xeito que as necesidades básicas das persoas queden cubertas e que a xente sexa o máis autónoma posíbel". A concelleira destacou a resposta da sociedade pontevedresa ante as necesidades, "froito do traballo de cohesión social que se vén facendo nestes últimos anos, e da ferramenta Redeaxuda que se puxo a disposición das entidades que traballan no eido social"