Comezan as obras do estacionamento disuasorio en Pontevedra Leste

62

O Concello de Pontevedra iniciou hoxe os traballos de acondicionamento no novo estacionamento disuasorio e gratuíto en Pontevedra Leste, entre as rúas Losada Diéguez e Xoán Carlos I (parcela do Carlos Oroza).
Os traballos comezaron coa roza da parcela e retirada de entullos, para despois facer a explanación.
O orzamento previsto é de 30.000 euros e as previsións coas que traballa a Concellaría de obras que xestiona Luís Bará, é que estea operativo de cara ao Nadal.
O acondicionamento do outro estacionamento disuasorio anunciado polo concelleiro Luís Bará no barrio do Burgo (parcela de Pasarón) está pendente de remates.