Ciclo de música sacra a cargo da Orquestra de Cámara Lira

41

A Orquestra de Cámara Lira ofrece este sábado, 30 de novembro, un concerto de música sacra na Igrexa de San Bartolomeu. Será a partir das 19.30 horas e está incluído dentro do primeiro Ciclo de Música Sacra que organiza en colaboración coa Concellaría de Cultura.
O programa deste concerto é o seguinte:
• Andante religioso. Josep Bloch
• Lascia ch`io pianga de opera “Rinaldo”. Georg Frederick Handel.
• Ave María/arr.Kowalewski. Bach-Gounod.
• Nana de opera “Jockelin”. Benjamín Godard
• Sueño. Juozas Naujalis
• Ave María. Franz Schubert
• Ave María. Giulio Caccini
• Panis angelicus. Camil Saint-Saens
• Pieta Signore. Alessandro Stradella.

O seguinte concerto será o vindeiro 7 de decembro, ás 20.00 horas, na igrexa dos Praceres, en Lourizán.
 

COMPARTIR