CITA (Centro de Interpretacións das Torres Arcepispais)

34

O CITA (Centro de Interpretación das Torres ArCebispais) ofrece un percorrido audiovisual pola historia de Pontevedra a través de tres partes ben diferenciadas que conforman este centro museográfico.

Dentro atoparemos unha maqueta da antiga edificación, pantallas táctiles sobre a historia da cidade e xogos pedagóxicos interactivos. Restos de moedas e cerámica atopados na excavación. Cruzando unha pasarela están os vestixios da ponte levadiza que daba acceso ao pazo e varios proxectís de catapultas.

Horario de inverno: mércores e xoves, de 11 a 14 h. Venres e sábados, de 18 a 21 h. Domingos e festivos, de 11 a 14 h. Luns e martes, pechado.

Horario de verán: de mércores a domingos de 11 a 14 h. Venres e sábados de 18 a 21 h. Luns e martes, pechado.

Aforo limitado. Visitas ás horas puntas. Reservas no teléfono 986 090 677 ou en citapontevedra@gmail.com

Prezo: 2 € para o público en xeral. 1 € para maiores de 65 anos, estudantes, menores de entre 8 e 16 anos, grupos familiares a partir de catro membros e desempregados. Gratuíto para os nenos menores de 8 anos.

COMPARTIR