Exposición de arteterapia na Biblioteca

77

A Biblioteca de Pontevedra acolle dende mañá a exposición dos traballos realizados polas alumnas do Obradoiro de arteterapia Hauschka, organizado polo Centro de Información á Muller entre os meses de outubro e novembro de 2013.
A exposición inaugurarase ás 19.00 horas e asistirá a concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces, xunto a todos os participantes no obradoiro. A mostra estará aberta até o 24 de xaneiro.
Ademais de gozar das imaxes dos procesos vividos no obradoiro, tamén farán un percorrido poético con testemuños das artistas que se irán publicando nun blog.

COMPARTIR