Óscar Graña e o Conservatorio, Premios Cidade de Pontevedra 2013

52

O piragüista Óscar Graña e o Conservatorio profesional de música "Manuel Quiroga" de Pontevedra foron os gañadores do Premio Cidade de Pontevedra 2013 que será entregado o vindeiro luns, 20 de xaneiro (día do patrón da Cidade, San Sebastián) nun pleno de honra.

A concelleira de Cultura e presidenta do xurado, Anxos Riveiro comunicou esta mañá o resultado da deliberación do xurado. Destacou os logros profesionais de Óscar Graña durante o pasado ano, así como a traxectoria do Conservatorio de Música que "é algo máis que un centro de ensino público, do que saen moitas figuras da música e que amosou o pasado ano que se sabe abrir á cidade",

Ao mesmo tempo, a concelleira destacou a dificultade do xurado para facer esta escolla polas importantes candidaturas "todas elas merecentes do premio". Anxos Riveiro indicou que os candidatos a esta edición amosan o que é Pontevedra hoxe por hoxe, no eido da cultura con candidatos como Fortes ou o conservatorio; no mundo do deporte con Graña e o Cisne; no eido social co Rotary; ou  enriquecedora con individualidades como o letrado Munáiz.

COMPARTIR