Comezan as obras do Pazo da Cultura

34

Os traballos de grande envergadura para a reparación dos danos ocasionados nas instalación do Pazo da Cultura inciaranse mañá, empregando un guindastre que provocará o corte parcial da rúa Alexandre Bóveda ao longo do día.
Tras varias semanas nas que se levou a cabo a retirada dos materiais danados polo temporal e a limpeza e preparación do espazo,  durante a xornada de mañá, xoves 23 de xaneiro, procederase ás seguintes accións:

• Subida e acopio de parte do material para a obra:
o Lunas de grandes dimensións.
o Material para a montaxe da antena de transmisións da Policía Local.
o Material para a montaxe da cuberta de panel “sándwich”.
• Colocación de pezas de pizarra rotas na fachada e revisión das instaladas na zona afectada.
• Outras.

As labores deste guindastre terán lugar ao longo do día e son o paso previo á reparación total que se extenderá previsiblemente durante de varias semanas.

COMPARTIR