O Príncipe e o parrulo, en Domingos do Principal

47

A compañía galega EME2 e o seu espectáculo “O Príncipe e o parrulo” substituirá no programa dos Domingos do Principal a “La gran Aventura” de Marcel Gross, xa que unha incompatibilidade repentina na axenda da compañía imposibilitou que as representacións se levaran a cabo na data indicada.
O novo espectáculo, indicado para o mesmo rango de idade que o anterior, estará composto por títeres e música ao vivo, e contará tamén cunha representación concertada o luns 3 con centros escolares.

“O Príncipe e o parrulo”
Esta é unha pequena historia, tan pequena que só precisa un castelo, unha árbore e unha casa para ser contada.
Pero esta pequena historia fala de cousas moi grandes. Nela, dous pequenos personaxes descobren que non hai nada tan divertido como ter alguén con quen compartir, con quen xogar. Decátanse que non hai nada tan grande coma un amigo.

Lembramos que as entradas poden mercarse en forma de abono matila ou de tarde para a totalidade dos espectáculos cun custe de 16€ ou de xeito individual para cada función a un prezo de 4€, anticipadamente en servinova ou dúas horas antes de cada espectáculo na billeteira do Teatro.

Agardamos desculpen as molestias que lles poida ocasionar este pequeño cambio.
 

COMPARTIR